



| Inicio |
|
Nun entorno natural autóctono, de vexetación atlántica de alta montaña, Espazo Os Tres Reinos atópase inmerso nunha gran carballeira, con 5000 metros cadrados de espazo para a diversión.
Este espazo de ocio está promovido pola Asociación Os Tres Reinos en colaboración coa mancomunidade de montes de Santigoso, os cales cederon o terreo sobre o cal se asenta o parque. Nesta área podemos atopar un cento de actividades que farán as delicias de maiores e nenos, xa que existen actividades diferentes para cada idade.
|